Benvidos a.... FotogrAfrica

Porque queremos que saibades o que estamos a facer, onde imos ir, o que queremos transmitir.....
Esa é a finalidade deste blog, que diariamente teñamos un espazo onde ter información actualizada de FotogrAfrica e que tamén sexa un camiño para saber as túas opinións. Será fundamental a túa participación.Queremos contar contigo.

FotogrAfrica 2008/09 chega con novas actividades e percorrendo diferentes vilas

2009-03-10

fotogrAfrica en Verin



E para rematar o seu percorrido, FotogrAfrica atópase na casa da xuventude en Verín e onde ademais de poder ver a exposición disfrutarán das actividades que xiran ó redor dela.

2009-02-11

Chegamos a Noia

FotogrAfrica chega a Noia e estará albergada no Coliseum Noela ata o 26 de Febreiro

2009-01-23

Taller en O Carballiño



Médicos do Mundo impartiu o taller de Formación para formadores, para o persoal de Servizos sociais de O Carballiño os días 19, 20, 21 e 22 de xaneiro de 2009.

2008-12-03

Dia Internacional da Loita contra a Sida



Con motivo do Dia Inernacinal da Loita contra a sida realizamos varias actividades de sensibilización en Melide, que tiñan que ver con dous videoforums individualizados, de maneira que pola mañá estivemos no IES de Melide traballando co grupo de Bacharelato e pola tarde aberto a todo o público no Edificio Multiusos.

2008-11-28

Taller de Formación de Formadores en Melide





Miñas felicitacións a Mónica e María polo fantástico traballo que realizaron como impartidoras da formación en Educación Afectivo-sexual. Agradecer igualmente a tódalas persoas, especialmente voluntarios/as, que dun ou doutro xeito apoian esta campaña e fan posible a labor de sensibilización que aquí nos ocupa.

2008-11-06

CURSO DE AXENTES DE DINAMIZACION


O Curso de Axentes de Dinamización pretende dar a
coñecer a nosa organización e o noso traballo a todas
aquelas persoas que estean interesadas
en colaborar nas actividades de FotogrAfrica.
Éste foi o resultado.
Gracias a todos/as.

2008-09-03

FOTOGRAFRICA II


Médicos do Mundo Galicia ten como obxetivo conseguir unha maior mobilización da poboación galega, por eso introduce novas actividades con respecto a anos anteriores como talleres de creatividade interxeracional onde xóvenes e maiores darán renda solta á súa imaxinación nun proxecto conxunto libre coa finalidade de afondar na problemática da sida.
Outra novidade é a formación en educación afectivo-sexual á poboación local para que se convirtan en axentes de cambio social no seu entorno. Manteranse as visitas guiadas, talleres participativos e video-forum.
A campaña de sensibilización comenzou en Caldas de Reis o pasado xullo no marco do Festival Cultura Quente.